Pasacalles, verbenas e maxia, nas patronais de Ribadeo

AMariñaXa
Ribadeo prepárase para celebras as súas patronais dende o venres 30 de agosto, o Día do Pregón
2023-Foto-festas-patronais-residencia-maiores
26 Aug 2024

Ribadeo prepárase para celebras as súas patronais dende o venres 30 de agosto, o Día do Pregón. A partir das 20.30 horas terá lugar o pregón a cargo de Sonia Castedo, ribadense e exalcaldesa de Alicante. Cantará tamén a Coral Polifónica de Ribadeo e, a partir das 21.30 horas, haberá pasacalles a cargo de Los Tamega. O sábado haberá actuacións á noite cos Djs Alejandro Martínez, LItainer e The Sound Project.

O domingo 1 de setembro será o Día da Bicicleta cunha concentración ás 10.30 horas e saída dende as 11.00 horas dende a Casa Consistorial. Despois haberá unha sesión vermú ás 13.00 horas cos Pandereteiros do Inferno. Caamaño & Ameixeiras actuará a partir das 21.00 horas no cantón. O mércores 4 é a quenda da Día dos Maiores cona actividades para os maiores do Hospital  asilo e do centro de día. Terá lugar a visita dos Cabezudos acompañados do grupo de gaitas Illa Pancha e chocolatada para os maiores.

O xoves estará o Mago Antón na contorna da Praza de Abastos ás 13.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas. O programa segue co Día do Neno a partir das 16.30 horas con inchables e festa da espuma. Despois haberá pasacalles a carga da Charanga e festa verbena con Capitol e Fania.

O sábado, véspera da patroa, comezan con bombas de palenque para logo dar paso á saída dos Cocos e Cabezudos acompañados de Illa Pancha. Ás 14.00 horas organiza a sesión vermú coa orquestra La Ola ADN que tamén estará amenizando á noite acompañada do grupo Beatriz. Á medianoite haberá unha gran sesión de fogos. O domingo haberá bombas de palenque, pasacalles e misa solemne cantada pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

De seguido, terá lugar o concerto da Banda Municipal de Ribadeo. Acordes amenizará a sesión vermú. Pola tarde, os asistentes desfrutarán do Trofeo Festas Patronais de Fútbol no Pepe Barrera entre o Ribadeo e o AD Miño. La Guardia actuará ás 22.30 e seguiralle a actuación de Acordes. O luns 9 de setembro todos os cativos contarán con descontos nas atraccións.

patronais ribadeo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20664405822754