Participantes de Galicia, Cataluña e Asturias reúnense en Cervo no I Campionato Interautonómico de Kungfu

AMariñaXa
O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o I Campionato Galego de Kungfu e o I Interautonómico desta mesma disciplina, o vindeiro domingo, 28 de abril.
campionato_kungfu_cervo
24 Apr 2024

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o I Campionato Galego de Kungfu e o I Interautonómico desta mesma disciplina, o vindeiro domingo, 28 de abril. A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director Nacional de Kungfu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

Hai xa máis de 80 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Cataluña. A proba disputarase a partir das 10.00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz. A competición depende do departamento de Kungfu da Federación Galega de Kárate na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou (combate). Ademais, na modalidade de Tao Lu, haberá competición individual e por parellas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10051703453064