Para seguir mellorando a accesibilidade de Burela vanse renovar dúas beirarrúas

AMariñaXa
A Deputación colaborou co Concello de Burela para mellorar e ampliar os servizos públicos dos veciños como na alfombra floral
burela obras rúas Marqués de Sargadelos e Nosa Señora do Carme
5 sep 2023

O Concello de Burela renovará dúas beirarrúas nas rúas Marqués de Sargadelos e Nosa Señora do Carme, unhas obras cun orzamento conxunto de 19.894,65 euros.

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, afirma que “o obxectivo deste goberno é seguir mellorando a accesibilidade da vila, e estas actuacións amosan ese compromiso”.

Por unha banda, na rúa Marqués de Sargadelos, que conta cun notable desnivel, instalarase unha varanda e renovaranse as beirarrúas cun material máis rugoso, para aumentar a seguridade dos viandantes.

Por outra banda, na rúa Señora do Carme xa se fixera unha actuación previa, polo que agora se renovará e mellorará o tramo restante.

Estas actuacións están incluídas no Plan Único Provincial do ano 2022. “Seguiremos mellorando beirarrúas en mal estado”, engade Fernández.

0.1341290473938