Papá Noel foi recibido no Valadouro con panxoliñas da AC Amado Lar e moitas motos

AMariñaXa
Nenos e nenas xuntáronse na praza para cantar na 'Papanoelada moteira' do Moto Clube Valadouro
valadouro-panxoliñas
25 Dec 2024

Papá Noel foi recibido no Valadouro por todo o alto e entre ruído de motores. A Concellería de Cultura do Concello colaborou co Moto Clube Val D' Ouro e Asociación Cultural Amado Lar para organizar a 'Papanoelada Moteira'.

A comitiva moteira acompañou a Papá Noel polas rúas e nenos e nenas puideron coñecelo e ata lle cantaron. Nenos e nenas da AC Amado Lar realizaron unha actuación coa interpretación de panxoliñas.

Tamén se fixo entrega dos vales correspondentes ao concurso que buscaba 'A moto máis vistosa', así que se valorou que fose o piloto coa indumentaria axeitada e a orixinalidade da decoración da súa moto. E non faltou o chocolate con churros!

 

0.13742113113403