Papá Noel deixase ver pola parroquia de Rúa en Cervo

Papá Noel deixouse ver polo Concello de Cervo, concretamente foi de paseo por Rúa, da man dun grupo de veciños que o acompañaron pola parroquia. Non foi o único punto que visitou senón que deixou coa boca aberta aos nenos e nenas da Escola Infantil coa súa visita ao centro.
Puideron contar que recibiron un agasallo da man do mesmísimo Papá Noel.