Paco Nogueiras actúa este sábado en Cervo
Paco Nogueiras presenta, este sábado, día 14 de agosto, na praza do Souto de Cervo, o seu último traballo EXTRA!, a través dun espectáculo homónimo dirixido a nenas e nenos entre 6 e 11 anos en que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Paco Nogueiras, despois de Brinca vai! e Radio Bulebule, ideou un xornal musical nun libro-CD, editado por Kalandraka e ilustrado por Marc Taeger, que deu a lume a finais de 2020. Este contén doce composicións que tratan distintas noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e até unha axenda de actividades. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailábeis que convidarán a participación daqueles e daquelas que se acheguen este sábado por Outeiro de Rei.
Este espectáculo será ás 20.30 horas e as entradas haberá que reservalas na web de Paco Nogueiras.