O XVII Mercado de Primavera do Valadouro xa ten programa

AMariñaXa
O sábado 25 de marzo o Concello de Valadouro acollerá, como é tradición, o seu XVII Mercado Tradicional Anual de Primavera
mercado primvaera valadouro 2023
22 Mar 2023

A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro informa da inmimente e esperada celebración da edición XVII do Mercado de Primavera este sábado 25 de marzo e desglosa detalladamente o seu completo programa.

O Venres, 24 xa hai actos previos ao día principal. A partir das 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura teremos o pregón inaugural a cargo de Susana López Montes, xornalista mariñá oriunda do val. Deseguido demostración de música e baile en zocas con A.C. Amado Lar O Valadouro e Concerto do dúo Caamaño&Ameixeiras, e dicir Sabela e Antía con os seus respectivos instrumentos, acordeón cromático e violin

O sábado, 25 de marzo, o día estelar; a partir das 10:00horas apertura ó público e ata as 19.00 horas dos postos de venta do mercado ubicados na rúa Andrés López Palmeiro.

Desde as 11.00 horas, os artesáns ubicados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro... e a esa mesma hora a batukada de Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalle polas rúas de Ferreira.

A partir das 12.00 horas, será a A.C. Amado Lar O Valadouro a encargada de realizar o pasacalle polas rúas do Mercado ata a praza onde nos deleitarán con varios bailes e pezas cantadas. Unha vez rematado a demostración de canto e baile tradicional será o intre nos que grandes e pequenos irán á pasarela da Praza para participar no emblemático Concurso de zocas decoradas e de indumentaria tradicional. Chegado o ecuador da xornada, o grupo encargado da sesión vermú será Os Parentes de Sober.

Pola tarde ás 16.00 horas , no aparcadoiro municipal (a carón da piscina municipal), habilitarase a zona infantil onde os nenos poderán dar paseos en cabalo e coñecer e ver os xogos tradicionais con XOTRAMU.

Desde as 16.30 horas, na Praza de Santa María na zona do cantón, os xogos do Paporrubio recibirá coas mans abertas a todos os nenos e nenas que se acheguen e no que poderán participar nos distintos xogos populares

Ás 17.00 horas teatro de títeres, no aparcadoiro municipal, con Mircromina coa obra Raio The Loubican  mitade lobo mitade can.

Cando o reloxo marque as 18.00, estrearase a obra de teatro para todos os públicos As palabras perdidas con Inventi Teatro. Un xeito moi ameno de recuperar verbas e expresións algo perdidas do galego.

Paralelamente, tamén ás 18.00 bhoras, ruxirán os motores e haberá novo Concurso de habilidades de conducción de tractor no aparcadoiro municipal a carón da piscina.

E chega a hora da música vibrante nas rúas a cargo de Festicultores Troupe - Cultivadores de Festas e Mekanika Rolling Band co seu típico séquito de animados seguidores.

Coa chegada do serán, a eso das 21.30 horas (con entrada de balde) e na Praza de Santa María do Valadouro o grupo folk tradicional Treixadura dentro da xira Camiño longo 2023. Logo das 23.30 horas, será o turno de Anxo Lorenzo e a súa banda.

Ás 01.15 horas do 26 de marzo, unha nova edición do Zocanrol con o turno de Mileth. Despois será o momento da banda Orgasmatrón, aproximadamente ás 3:45.

Pero aínda queda mercado a cargo do DJ Conxuro que poñerá o broche final a tanta e boa festa. En resume, unha cita para non esquecer. Demostracións, concursos, música, comida, mercado, tapas da hosteleria de Ferreira e bon ambiente no corazón da Mariña. Valadouro.

programa mercado primavera 2023 valadouro
0.19120383262634