Ourol terá un obradoiro científico para pequenos

AMariñaXa
O próximo luns 11 de xullo ás 11.00 no pavillón municipal de Ourol haberá un obradoiro científico para pequenos
ciencia debuxos nenos
4 Xul 2022

O próximo luns 11 de xullo ás 11.00 no pavillón municipal de Ourol haberá un obradoiro científico para pequenos no que poderán desfrutar aprendendo sobre as ciencias da terra.

É unha actividade lúdico-educativa para introducir ao neno nos conceptos científicos fundamentais espertando a súa curiosidade e interese dunha maneira amena e divertida.

Está destinado a nenos a partir de 5 anos que estean anotados na Ludoteca de verán. Para os que queiran asistir e non están na Ludoteca terán que anotarse no teléfono 982 559 019 antes do 8 de xullo.

0.15043497085571