Ourol selecciona 10 peóns forestais

AMariñaXa
O Concello de Ourol selecciona 10 peóns forestais dentro do programa Fomento de emprego 2022, incluído no Plan Provincial Único
peon forestal traballo monte
26 Feb 2023

O Concello de Ourol selecciona 10 peóns forestais dentro do programa Fomento de emprego 2022, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Xa están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de seis peons forestais a xornada parcial (75 %).

Contará cun tipo de contrato por obra ou servizo determinado a xornada parcial (75 %) e cunha duración de 6 meses. O prazo de presentación de instancias estará aberto ata o 10 de marzo de 2023.

Para máis información será necesario pregunta no Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982 559 109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do Concello.

0.14673900604248