Ourol rehabilitará unha vivenda para destinala a alugueiro social

AMariñaXa
O Concello adxudicou as obras de reforma cunha subvención de máis de 41.000 euros da Xunta de Galicia
casa-do-concello-ourol
19 Mar 2025

O Concello de Ourol vén de adxudicar as obras de rehabilitación dun dos pisos das antigas vivendas dos mestres, situadas xunto ao grupo escolar do municipio. O obxectivo desta intervención é destinar o inmoble a alugueiro para familias ou persoas que o necesiten, contribuíndo así á oferta de vivenda social no concello.

A actuación será posible grazas a unha subvención da Xunta de Galicia por un importe superior aos 41.000 euros. As obras xa foron adxudicadas e contan cun prazo de execución que finalizará en setembro deste ano.

Con esta iniciativa, o Concello de Ourol reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais e a busca de solucións para facilitar o acceso á vivenda a aquelas persoas que máis o precisan.

⚙ Configurar cookies
0.18550395965576