Ourol recaba sinaturas para cambiar a lei e apoiar aos afectados polos xabarís

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Ante os danos que provoca o xabaril nas fincas e o problema que supón esta especie sobre os ecosistemas de zonas protexidas e espazos naturais constituíndo a día de hoxe un grave problema social en Galicia, xorde a necesidade de impulsar unha modificación do marco legal vixente en materia de caza e xestión da fauna en Galicia para que a Xunta de Galicia asuma directamente as súas responsabilidades.
10 Sep 2019

Ante os danos que provoca o xabaril nas fincas e o problema que supón esta especie sobre os ecosistemas de zonas protexidas e espazos naturais constituíndo a día de hoxe un grave problema social en Galicia, xorde a necesidade de impulsar unha modificación do marco legal vixente en materia de caza e xestión da fauna en Galicia para que a Xunta de Galicia asuma directamente as súas responsabilidades. Así o expón o Concello de Ourol que quere axudar aos afectados.

No Concello de Ourol está a disposición de todos os interesados, ata mediados de setembro, unha folla de recollida de sinaturas de todas aquelas persoas que queiran asinar para a modificación do marco legal vixente en materia de caza e xestión de fauna de Galicia a fin de promover a presentación dunha proposición non de lei.

0.16397595405579