Ourol participará no Encontro de Pobos con nome de San Pantaleón en Madrid

O Concello de Ourol informa que os días 24 e 25 de maio terá lugar en Madrid o Encontro de Pobos co Nome de San Pantaleón, unha xuntanza que reunirá a localidades de toda España que comparten a devoción por este santo. Para facilitar a participación dos veciños, o Concello organizará unha viaxe con autobús gratuíto.
A saída está prevista para o venres 24 de maio pola mañá, coa chegada a Madrid a mediodía para o xantar. Pola tarde desenvolveranse as actividades do encontro, e os asistentes gozarán dunha cea no hotel. O sábado 25 de maio pola mañá emprenderase a viaxe de regreso a Ourol.
O custo da estancia inclúe unha noite de aloxamento, xantar, cea e almorzo, cun prezo de 204,60 euros en habitación dobre de uso individual, 310,20 euros en habitación dobre e 426,80 euros en habitación tripla. O desprazamento en autobús será gratuíto, asumido polo Concello.
As persoas interesadas deberán anotarse no Concello de Ourol antes do 24 de marzo, chamando aos teléfonos 982 559 109 ou 982 559 019.