Ourol organiza un obradoiro de lettering e escritura creativa

AMariñaXa
Os participantes na actividade poderán descubrir técnicas artísticas para debuxar letras
Imaxe do cartel do obradoiro de lettering
15 sep 2024

A Biblioteca de Ourol acollerá o próximo martes 24 de setembro ás 10.30 horas un obradoiro de debuxo de letras de forma creativa. Esta actividade está deseñada para favorecer a concentración e a relaxación dos participantes a través da arte do debuxo.

O obradoiro está aberto a todas as persoas interesadas en explorar a súa creatividade e mellorar o seu benestar a través do debuxo. Durante a sesión, os asistentes aprenderán técnicas para debuxar letras de maneira innovadora e artística, ofrecendo unha oportunidade única para relaxarse e desconectar da rutina diaria.

Para participar no obradoiro, é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden anotarse chamando aos números 982 55 90 19 ou 608 694 051.

WhatsApp Image 2024-09-12 at 13.12.21
0.11752700805664