Ourol organiza un curso de saúde mental e emocional dirixido a coidadores

AMariñaXa
A actividade, en colaboración con AFAMMER Lugo, celebrarase o 23 de outubro cunha duración de seis horas a partir das 16.00 horas
maiores-residencia-coidado-saf
17 Oct 2025

O Concello de Ourol impulsa unha nova acción formativa centrada na saúde mental e emocional das persoas que exercen labores de coidado. A proposta, organizada en colaboración coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER Lugo), terá lugar o vindeiro mércores 23 de outubro.

A sesión comezará ás 16.00 horas e contará cun total de seis horas de duración, nas que se abordarán cuestións prácticas e teóricas para mellorar o benestar psicolóxico e emocional dos coidadores. O obxectivo é ofrecer ferramentas útiles que lles permitan xestionar mellor o estrés, reforzar a autoestima e dispoñer de estratexias para afrontar o día a día dunha tarefa que adoita resultar esixente tanto no plano físico como no anímico.

Con esta iniciativa, o Concello de Ourol busca apoiar a quen desenvolve un papel fundamental na sociedade, recoñecendo o esforzo que supón acompañar e atender ás persoas dependentes.

⚙ Configurar cookies
0.070543050765991