Ourol organiza un curso de primeiros auxilios para a cidadanía

AMariñaXa
A iniciativa, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, terá lugar o 6 de marzo no Edificio Multiusos do Concello
curso-de-primeiros-auxilios-rabade-portada
26 Feb 2025

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organizará un curso de primeiros auxilios dirixido á poboación xeral. O obxectivo desta actividade é dotar aos participantes de coñecementos básicos para actuar en situacións de emerxencia, podendo marcar a diferenza en casos de accidente ou urxencia médica.

O curso terá lugar o 6 de marzo ás 17:00 horas no Edificio Multiusos do Concello e estará impartido por profesionais da saúde. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, chamando aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457, ou a través da plataforma da Escola Galega de Saúde.

Con esta iniciativa, o Concello de Ourol busca fomentar a formación sanitaria entre a veciñanza, promovendo unha comunidade máis preparada ante posibles situacións de risco.

⚙ Configurar cookies
0.17956209182739