Ourol organiza un curso de defensa persoal para mulleres no centro social de Merille

AMariñaXa
A actividade, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, celebrarase o 25 de outubro cunha duración de oito horas
2023-Foto-defensa-personal
16 Oct 2025

O Concello de Ourol, en coordinación coa Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, vén de anunciar a celebración dun curso de defensa persoal dirixido a mulleres. A iniciativa terá lugar o sábado 25 de outubro no centro social de Merille, a partir das 10:00 horas, e prolongarase durante toda a xornada cunha duración total de oito horas.

Desde o goberno local salientan que se trata dunha acción formativa pensada para dotar ás participantes de recursos prácticos que lles permitan reaccionar en situacións de risco. Ademais, remarcan a importancia de ofrecer espazos seguros nos que as mulleres poidan adquirir coñecementos útiles para a súa protección persoal e o seu benestar.

O curso será impartido por profesionais especializados e incluirá tanto contidos teóricos como exercicios prácticos, co obxectivo de reforzar a autoconfianza e proporcionar ferramentas sinxelas e efectivas de autoprotección.

O Concello anima ás veciñas de Ourol e da contorna a inscribirse nesta actividade, que supón un novo paso no compromiso municipal coa igualdade e coa prevención da violencia de xénero.

⚙ Configurar cookies
0.070096015930176