Ourol organiza un curso de adestramento da memoria para maiores

AMariñaXa
O Concello de Ourol organiza un curso de adestramento da memoria para maiores empadroados no municipio que dará comezo o 19 de outubro.
entrenamento memoria ourol curso portada
26 sep 2022

O Concello de Ourol organiza un curso de adestramento da memoria para maiores empadroados no municipio que dará comezo o 19 de outubro.

Este curso servirá para adestrar ás persoas no manexo de estratexias de memoria que posibiliten manterse activo e axudar a compensar os olvidos que poden experimentas na vida cotiá.

Esta actividade será un día á semana, os mércores, no edificio multiusos e en horario de 11 a 12.30 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade deberán dirixirse ao departamento de servizo sociais ou chamar ao teléfono 982 559 109 ou 677 489 457.

entrenamento memoria ourol curso
0.12574195861816