Ourol organiza o seu Encontro de Maiores
AMariñaXa
As persoas dependentes poderán acudir cun acompañante, mentres que os cónxuxes ou parellas non empadroadas deberán abonar o prezo da comida
27 sep 2024
O Concello de Ourol organiza o Encontro de Maiores, dirixido ás persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio. O evento, que inclúe unha comida gratuíta, terá lugar o domingo 27 de outubro ás 14.00 horas no Restaurante Louzao (Área - Viveiro).
As persoas dependentes poderán acudir cun acompañante, mentres que os cónxuxes ou parellas non empadroadas deberán abonar o prezo da comida. A data límite para anotarse é o 24 de outubro, e as entradas pódense recoller no Departamento de Servizos Sociais do concello. Para máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457.