Ourol mellorará a calefacción e o illamento térmico dos edificios públicos

AMariñaXa
No Concello de Ourol licita o proxecto de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de climatización de edificios de municipais.
vista aerea ourol
14 Feb 2021

No Concello de Ourol está a piques de rematar o proceso de licitación do proxecto de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de climatización de varios edificios de titularidade municipal como a casa consistorial, o centro social e o edificio multiusos.

O obxectivo desta obra é a instalación dun sistema de climatización con bomba de calor en cada un dos edificios. Na actualidade a calefacción dos edificios obxecto do presente proxecto resólvese mediante a utilización de equipos calefactores individuais, por efecto Joule, no edificio multiusos e no centro social, e por acumuladores eléctricos no edificio casa consistorial. Este proxecto ten un orzamento de 148.736 euros, subvencionado nun 80% polo Idae (87.600 euros) e cun prazo de execución de tres meses.

Trátase dunha reforma que levará a cabo conxuntamente coa rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios afectados (a excepción do edificio multiusos que non precisa da devandita rehabilitación). Este segundo proxecto, intimamente relacionado co outro, consiste na substitución de ventás e portas exteriores de ambos os dous centros e das carpinterías existentes por outras similares de aluminio lacado en branco con rotura de ponte térmico.

O orzamento de licitación foi de 68.436 tamén cunha subvención do Idae. Así mesmo, terá un prazo de execución de tres meses.

OUTRAS OBRAS

Ademais, o alcalde anunciou que tamén se farán obras de reforma nesta mesma liña no edificio da Cámara Agaria, obras que se licitarán antes do 29 de marzo e que consisitirán tamén no cambio de ventás, portas e tellado para mellorar a súa eficiencia enerxética e que tamén contará cunha subveción do Idae.

Por outra banda, tamén comezaron a licitarse obras correspondentes ao Plan Único do 2020 que consisten na pavimentación de acesos en Atiá-Vilabuín, Cernadas-o Cal, Nogueiroá. Leonte, acessos a Vilachá, Sanguñido-As Penas, e a Domecelle, Tiñade, Lombao e O Sixto. Estas teñan un prazo de execución de tres meses e un investimento de 215.985 euros. O obxectivo será comezar as obras en canto o tempo o permita.

0.13683104515076