Ourol estrea a súa nova páxina web

AMariñaXa
A nova web destaca pola súa seguridade, axilidade e facilidade de navegación para calquera usuario
casa-do-concello-ourol
6 sep 2024

O Concello de Ourol estrea a súa nova páxina web, cuxa principal finalidade é mellorar a comunicación coa veciñanza e proporcionar un acceso rápido e sinxelo aos servizos municipais e á información dispoñible. A antiga páxina, que levaba case dez anos sen actualizarse, quedábase curta en termos de seguridade e deseño.

A nova web destaca pola súa seguridade, axilidade e facilidade de navegación para calquera usuario e desde calquera dispositivo, xa sexa ordenador, tablet ou smartphone. A páxina implementa as últimas tecnoloxías e permite aos usuarios acceder á información que máis lles interesa con poucos clics.

Entre as novas funcionalidades, a páxina web inclúe mapas interactivos e un directorio de lugares e servizos. Ademais, ofrece información actualizada sobre a oferta turística e o patrimonio do concello. Na elaboración do portal prestaron especial atención ao deseño, á programación e á estrutura de contidos, asegurando que toda a información estea correctamente recollida e segura. Os veciños e interesados poden acceder á nova páxina web a través da dirección: https://concellodeourol.es/es/.

0.17735981941223