Ourol dispón dunha aplicación coa que evitar perdas e avarías na rede de abastecemento

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol dispón dun sistema informático que lle permite controlar os níveis de cloro e de auga que hai nos depósitos da traída.
9 Out 2019

O Concello de Ourol dispón dun sistema informático que lle permite controlar os níveis de cloro e de auga que hai nos depósitos da traída. Dese xeito, evitan perdas do recurso e poden actuar con rapidez ante calqueira incidencia ou avaría da rede de abastecemento.

O alcalde, José Luis Pajón, explicou que grazas aos 225.000 euros recibidos a través do Fondo de Compensación por ter instalados varios parques eólicos na municipalidade, aproveitaron os cartos non só para mellorar cunha obra a traída de auga, senón para implementar unha aplicación informática que o persoal municipal responsable pode descargar no seu teléfono e que lle vai informando puntualmente sobre os níveis de cloro e os da auga almacenada, tanto nos depósitos, como na depuradora.

A aplicación permite actuar con rapidez en caso de avarías na rede.

VINDEIRO PLENO. A vindeira sesión plenaria será en novembro, xa que a última foi en setembro e, salvo que xurda algo máis concreto, o alcalde agarda que sexa máis ben de trámite. Ourol xa aprobara os orzamentos a comezos de ano e agora traballa co obxectivo de poder aprobalos en xaneiro. Rondarán, segundo calcula o munícipe, o millón e medio de euros.

0.13294005393982