Ourol convoca axudas para a instalación de TDT
O Concello de Ourol convocou unhas axudas para subvencionar a instalación de receptores vía satélite (SAT-TDT) naquelas vivendas do termo municipal que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou este sexa deficiente e facilitar, deste xeito, a súa captación a través do sistema de difusión satélite.
Os requisitos que se esixen e levar empadroado en Ourol, como vivenda habitual, no lugar onde se vai facer a instalación antes do 1 de outubro do 2020.
Consideranse gastos subvencionables o custo do receptor TDT-SAT e os gastos derivados da súa instalación, máis a sintonización das canles no dispositivo instalado, (IVE incluído), ata un máximo de 400 euros por domicilio. Os gastos subvencionados deben realizarse antes do 15/05/2021.
As instalacións deben ser efectuadas por unha persoa física ou xurídica, que teña a condición de distribuidor autorizado, inscirto no rexistro de instaladores.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de maio.
O LUGAR DE ROCA
Por outra banda, toda a veciñanza que recibe a televisión polo reemisor de TDT da Roca (Xerdiz), pode sintonizar os novos canais de televisión no canal 36.
Con esta obra remátase o obxectivo do equipo de goberno, de dotar este centro de todos os canais dispoñibles en aberto, para que toda a veciñanza teña a mesma oferta de canais independente do lugar onde resida.
A inversión ascendeu a 6.413,00 euros que se suman aos 8.999,00 investidos no ano 2016.