Ourol contará con saídas guiadas nun autobús de época pola arquitectura indiana

AMariñaXa
O Concello de Ourol organiza, os días 6 e 7 de agosto, unhas saídas guiadas nun autobús de época que percorrerá a arquitectura indiana
autobus concello ourol ruta indiano
26 Xul 2022

O Concello de Ourol organiza, os días 6 e 7 de agosto, unhas saídas guiadas nun autobús de época que percorrerá os puntos máis representativos da arquitectura indiana de Ourol.

Visitaranse as casas de estilo indiano e cosmopolita coas súas características fachadas, con galerías e adornos que as fan únicas; as escolas que promoveron os emigrantes a través de sociedades ou con doazóns particulares.  Será unha viaxe no tempo para visitar o patrimonio indiano, para recuperalo e poñelo en valor.

As saídas inícianse e acaban diante da Casa do Concello de Ourol e as prazas son limitadas. Para anotarse podes facelo a través da ligazón. Para máis información no teléfono 982 55 90 19 en horario de 11.00 a 13.00 horas

0.097500085830688