Ourol celebra as súas festas

AMariñaXa
Ourol celebra as festas na honra a Nosa Señora os días 10, 11 e 15 e agosto
Fogos artificiais
Foto recurso
5 Ago 2024

Ourol celebra as festas na honra a Nosa Señora os días 10, 11 e 15 e agosto. A romaría comeza o sábado coa presentación do libro A Imaxería nos cemiterios de Ourol de don Anxo Vázquez Pernas e coa actuación do grupo de gaitas Bágoas da Terra a partir das 21.00 horas.

Logo, ás 21.45 horas, terá lugar a gran cea popular e seguiralle unha gran verbena con Suavecito e o grupo Alba. O domingo haberá sesión vermú prolongada con Grupo Zona Zero. As festas remata o xoves 15 de agosto con misa solemne, procesión e sesión vermú prolongada co Trío Zafiro.

0.11338591575623