Ourol acolle unha representación teatral con motivo da celebración do Día da Muller
AMariñaXa
Ourol, con motivo da celebración do día da Muller, organiza uha representación teatral para o domingo 5 de marzo
3 Mar 2023
O Concello de Ourol, con motivo da celebración do día da Muller, organiza unha representación teatral para o domingo 5 de marzo ás 17.00 horas no edificio Multiusos.
Este espectáculo que leva por título TABÚ, nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos de diferentes partes de Galicia sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Trátase dun show de narración oral coa misión de transmitir historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós.
Esta actividade está subvencionada con fondos do pacto de estado contra a violencia de xénero.