Ourol acolle unha charla de estafas a través de móbiles para as persoas maiores
AMariñaXa
En colaboración coa Garda Civil para abordar problemas de seguridade
4 Nov 2024
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre as estafas a través dos teléfonos móbiles e outros problemas de seguridade nas persoas maiores.
Esta charla está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo MInisterio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores.
Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves 14 de novembro ás 11.00 horas. Para máis información ou ben para anotarse poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982 559 109/677 489 457).