Ourol acolle un obradoiro dirixido a homes para promover a igualdade de xénero
O Concello de Ourol organiza un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, para promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal.
Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesión de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos: 'sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade'; 'cociña básica e saudable. Conservación de alimentos'; 'organización e planificación de tarefas domésticas'; 'iniciación á costura e reparación básica de prendas'; 'limpeza e organización do fogar. Lavado, doblado e planchado de roupa'; e 'autocoidado persoal e hábitos saudables'.
A data límite para anotarse é o 31 de xaneiro e para máis información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol no 982 559 109 ou 677 489 457.