Ourol acolle un curso sobre o bo uso dos medicamentos
AMariñaXa
O Concello de Ourol acolle o vindeiro luns 20 de marzo un curso sobre o bo uso dos medicamentos. este será no edificio multiusos.
19 Mar 2023
O Concello de Ourol acolle o vindeiro luns 20 de marzo un curso sobre o bo uso dos medicamentos. Este será no edificio multiusos.
Este curso ten como obxectivo promover un bo uso e concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao uso do medicamento. Para participar é necesario anotarse chamando ao teléfono 982 559 109 ou 677 489 457.
Esta organizado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saude.