Ourol acolle un curso sobre manexo do estrés
AMariñaXa
O Concello de Ourol acolle un curso sobre manexo do estrés e ansiedade que será impartido o martes 5 de abril
28 Feb 2022
O Concello de Ourol acolle un curso sobre manexo do estrés e ansiedade que será impartido o martes día 5 de abril.
Será no edificio multiusos ás 16.30 horas e estará a cargo pola Escola galega de saúde para cidadáns, e en concreto porJenifer Souto Pérez, enfermeira educadora e psicóloga.
Para participar será necesario reservar praza chamando aos teléfonos 982 559 109 e 677 489 457.