Ourol acolle un curso práctico para sementar en macetas

AMariñaXa
O Concello de Ourol acolle un curso práctico para sementar en macetas diferentes produtos da horta. Será o 21 de abril
actividades san rosendo drogas
5 Abr 2022

O Concello de Ourol acolle un curso práctico para sementar en macetas diferentes produtos da horta. Será o 21 de abril de 16.00 a 20.00 horas no edificio multiusos de Ourol

Así, ábrese o prazo para anotarse neste obradoiro que se impartirá o vindeiro xove 21 e será un obradoiro de carácter teórico-práctico co obxectivo de aprender a importancia de elixir ben as macetas, os abonos, de como regar e cando facelo, os invernadoiros, os transplantes...

Cada asistente practirará sementado e transplantando as súas propias sementes e plantas, aportadas pola persoa encargada de impartir o curso, en testos.

Para participar é necesario facer a inscrición antes do 19 de abril chamando no teléfono 982 559 019 ou no WhatsApp 608 694 051.

0.11306095123291