Ourol abre prazas para a Unidade Terapéutica de persoas con deterioro cognitivo

AMariñaXa
O servizo gratuíto desenvolverase os martes no Centro Social de Merille e está destinado a persoas con demencias ou problemas de memoria
persoas-xente
28 Jan 2026

O Concello de Ourol vén de comunicar que actualmente conta con prazas dispoñibles na Unidade Terapéutica para persoas con deterioro cognitivo e outras demencias. Trátase dunha iniciativa gratuíta, pensada para mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas participantes.

A actividade celébrase os martes, en horario de 16:00 a 19:00 horas, no Centro Social de Merille, e non ten ningún custo económico para quen participa. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais para máis información.

Os interesados poden chamar aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 para reservar a súa praza ou resolver calquera dúbida sobre o programa. Segundo explican desde o Concello, esta iniciativa busca ofrecer apoio especializado e actividades adaptadas ás necesidades cognitivas de cada persoa.

⚙ Configurar cookies
0.087527990341187