Ourol abre o prazo para solicitar axudas por nacemento
AMariñaXa
O Concello de Ourol abriu unha nova quenda de axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos que serán de 600 euros.
3 Mar 2021
O Concello de Ourol abriu unha nova quenda de axudas, nesta ocasión co obxectivo de fixar poboación no termo municipal. Deste xeito publicou as axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos. A contía das axudas é de 600 euros e poderán solicitarse durante todo o ano.
As familias do municipio poden optar a esa subvención por cada un dos nenos ata que cumpran tres anos de idade. Dentro dos requisitos está que polo menos un dos proxenitores debe estar empadroado no Concello cunha antigüidade mínima de nove meses e continuar durante un ano despois do cobro.
As axudas deben solicitarse no departamento de servizos sociais do Concello.