Ourol abre o prazo para a ludoteca de verán

AMariñaXa
Esta actividade vaise a desenvolver inicialmente durante o mes de xullo e poderase prorrogar un mes máis
nenos-xogando
Imaxe de arquivo
17 Xuño 2024

O Concello de Ourol organiza un ano máis a Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello. Esta actividade vaise a desenvolver inicialmente durante o mes de xullo (de 10.30-13.30 de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin.

O prazo de inscrición permanece aberto ata o 24 de xuño no Departamento de Servizos Sociais. Os interesados poden solicitar máis información no 982 559 109 (Servizos Sociais) ou no 677 489 457.

0.19158792495728