Ourol abre as súas piscinas municipais

AMariñaXa
O horario será de 12.00 horas a 21.00 horas
piscinas_ourol
piscinas_ourol
8 Xul 2024

Ourol abre as súas piscinas municipais. As instalacións estarán abertas ao público ata o vindeiro 4 de setembro. O horario será de 12.00 horas a 21.00 horas. Ademais, dende o Concello tamén poñen en marcha un ano máis a Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello.

Esta actividade vaise a desenvolver inicialmente durante o mes de xullo (de 10.30-13.30 de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin.

0.15304279327393