Óscar Rodríguez, voceiro do PP de Viveiro, confirmou que non encabezará a lista para as próximas eleccións

AMariñaXa
Óscar Rodríguez, presidente e portavoz do PP de Viveiro, confirmou en rolda de prensa que, “por motivos estritamente persoais”, non optará a encabezar a lista popular para as próximas eleccións locais.
15 Xan 2023

Óscar Rodríguez, presidente e portavoz do PP de Viveiro, confirmou en rolda de prensa que, “por motivos estritamente persoais”, non optará a encabezar a lista popular para as próximas eleccións locais. Rodríguez seguirá como portavoz municipal ata o final do mandato e sinala que a experiencia municipal resultou para el altamente positiva.

Rodríguez di que os anos como portavoz municipal popular no Concello constituíron para el un tempo moi satisfactorio, tanto polo aprendizaxe que supuxo como polas amizades forxadas neste tempo, pero “a vida son etapas e a seguinte, para min, ten que estar centrada en cuestións persoais, que recomendan dar un paso ao lado na actividade política”.

O portavoz popular deixa claro que as relacións co partido, coa súa directiva, son tan boas como foron durante todo o tempo e como o seguirán sendo. Óscar Rodríguez indica que o partido seguirá as pautas habituais para a designación do cabeza de lista para as próximas eleccións.

0.094579935073853