Óscar Rodríguez renuncia como presidente do Partido Popular de Viveiro
O presidente do PP de Viveiro, Óscar Rodríguez, vén de presentar a súa renuncia como presidente do partido como “unha decisión meditada e razoada”.
O popular explica que “se aveciñan tempos importantes no ámbito político e o noso partido debe estar perfectamente engranado para obter os mellores resultados”. Nese sentido, agradece o apoio e amosa a súa vontade de colaboración: “En min, sempre teredes un amigo”.
Tras ter coñecemento da súa decisión, o Partido Popular da provincia de Lugo traslada o seu “recoñecemento e agradecemento” ao traballo de Óscar Rodríguez, “centrado no mellor para Viveiro e os viveirenses”.
Así mesmo, agradecen tamén a confianza dos veciños por “converter a nosa formación política na máis votada tanto nas eleccións municipais coma nas xerais”.
O PP anuncia que convocará o congreso en Viveiro antes do Nadal para que a formación local renove os seus órganos de dirección. A través do cónclave, os afiliados e afiliadas elixan á persoa que pasará a ocupar a presidencia do PP de Viveiro.