Óscar Fojo presenta o seu novo disco na Asociación Xebra de Burela

LugoXa | AMariñaXa
20 Dec 2019

Este sábado día 21 Óscar Fojo presenta o seu traballo na Asociación Xebra de Burela.

De Ventos e Lúas é o primeiro disco de Oscar Fojo en solitário no que conta con músicos que o acompañaran en outros proxectos como El Viejo Caracol, La Patraña, Zinza, Charetas

Neste disco hai colaboracións especiais como Guadi Galego na voz, Roberto Grandal co acordeón, Javi Amor na guitarra portuguesa, Sílvia Fojo coa voz, Tania Redondo tamén coa voz, Carlos Mosquera “Mos” nos coros, Rafa Pereira ao contrabaixo e coros, Esteban Barcia no trombon, Rubén Ferreira coa trompeta e Leandro Lamas cos seus deseños.

Este album son composicións própias que abranguem estilos musicais como o rock, folk, jazz, reggae…

A entrada ten un prezo de 4 euros para os socios e 5 para os que non o sexan.

0.17806005477905