Os xubilados de Foz denuncian a paralización das obras do local social

Foz
AMariñaXa
Os xubilados de Foz denuncian a paralización das obras do local social situada na primeira planta dun edificio de Limoeiros
obra bar xubilados parada PP
14 Xul 2022

A Asociación Central de Xubilados e Pensionistas de Foz vén de reivindicar a falta dun local no Centro Social da vila cun cartel colocado nunha parede.

Este colectivo acusa ao alcalde, Fran Cajoto, de "mentiroso prometeu a todos os xubilados un local e xa pasaron máis de tres anos de mandato e seguimos á intemperie".

Estes xubilados continúan dando cursos ao aire libre xa que non contan cun lugar onde reunirse e organizar as súas actividades.

Según eles, o alcalde non cumpre as súas promesas electorais e dalles falsas esperanzas con este asunto dicindo no 2020 "que era necesario aprobar os orzamentos". Pero según o colectivo non precisa aprobar ningún presuposto xa que o diñeiro a gastar sería tan só dos materiais de obra.

Xa en abril o Partido Popular de Foz denunciaba a paralización das obras no local e pedía explicacións a Cajoto.

O local está situado na primera planta do edificio da praza Conde Fontao.

0.15944385528564