Os xogadores do Burela visitan o municipio tras o seu ascenso a Primeira

AMariñaXa
Os rapaces do equipo sairán ás 18.00 do pavillón Vista Alegre, tras o cal percorrerán Burela en tren turístico
recepcion-equipo-burela
18 Xuño 2024

O Concello de Burela recibirá este mércores, día 19 de xuño, ao equipo masculino absoluto do Burela FS con motivo do seu ascenso á Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala. O equipo logrou o ascenso tras eliminar na final da súa categoría anterior ao UMA Antequera, gañando en Málaga despois de empatar a 5 goles cada equipo.

Os rapaces do equipo sairán ás 18.00 do pavillón Vista Alegre, tras o cal percorrerán Burela en tren turístico. Ás 19:30 terá lugar a recepción na praza do Concello, que será de novo no pavillón no caso de choiva. A alcaldesa de Burela, Carmela López, transmite “os seus máis fondos parabéns aos xogadores do Burela FS masculino, que con este fito veñen de escribir un novo capítulo na historia do deporte burelao”.

“Convido a toda a veciñanza a acudir a esta festa do deporte do noso municipio, que tantas alegrías nos está dando ultimamente a todas as veciñas e veciños”, sinala a rexedora.

0.13158988952637