Os voluntarios do programa Mañás Activas de Xove recibiron un agasallo

AMariñaXa
Este programa ofertou actividades de conciliación e lecer para un grupo de 40 nenos
Xove-2025-agradecemento-voluntariado-xuvenil-Mañas-Activas
14 Jan 2025

A Concelleira de Xuventude e Deportes do Concello de Xove, Cristina Iglesias Guerreiro, fixo entrega dun obsequio a Noah Posada Duarte, Xoán Campo González e a Eva Louzao Casas como agradecemento pola súa participación no programa de voluntariado xuvenil Mañás Activas.

Este programa ofertou actividades de conciliación e lecer para un grupo de 40 nenas e nenos a partir dos 10 anos durante as mañás de xullo e agosto do pasado verán.

Estas actividades foron organizadas polas Concellerías de Xuventude, Deportes e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia.

Así mesmo, aproveitou para informar que xa está aberta a listaxe para participar no proxecto de voluntariado xuvenil para o próximo verán. Para máis información no Centro Xuvenil ou chamando ao 982 571 816.

0.17530679702759