Os vindeiros días 15, 16 e 17 de marzo chegará a Trabada o Tapeo 2024
AMariñaXa
O Concello de Trabada, en colaboración cos establecementos de hostalaría, organiza unha nova edición de TapEo.
6 Mar 2024
Os vindeiros días 15, 16 e 17 de marzo chegará a Trabada o Tapeo 2024, organizado polo Concello en colaboración coa hostalería do municipio.
Esta cita gastronómica permitirá degustar seis deliciosas tapas en diferentes establecementos, dúas tapas en cada local hostaleiro, a un prezo de 2 euros cada unha. O alcalde Rubén García anima á veciñanza "a gozar da gastronomía e do produto local participando nesta iniciativa".
Os participantes e as súas tapas serán a Taberna da Curuxeira co Cocktail de gambas e Filloas recheas de carne; no Mesón Camiño Norte serán Paxo de pavo con salsa de piquillo e Salpicón de marsico; e no Bar O Porfirio poderase probar Tosta de picadillo e Meixela con puré de pataca.