Os veciños Masma, en Mondoñedo, preparan as súas festas

AMariñaXa
Haberá cea a partir das 21.30 seguida da verbena a cargo do dúo Belinda
Fogos artificiais
Foto recurso
31 Xul 2024

Os veciños Masma, en Mondoñedo, teñen unha cita esta fin de semana pois celebran as Festas na honra a San Antonio e San Cristovo dende este venres. Haberá cea a partir das 21.30 seguida da verbena a cargo do dúo Belinda. O programa continúa o sábado con misa solemne e sesión vermú co grupo Fénix.

Pola tarde terá lugar unha sesión chil out coa disco móbil Sanbet e tamén festa infantil con xogos populares e inchables que darán paso a unha merenda para os máis cativos. A verbena estará amenizada polo grpo Fénix e discomóbil Sanbet. O domingo haberá de novo misa, seguida de procesión e sesión vermú longa con reparto de pinchos e música da man do dúo Belinda.

0.13043808937073