Os veciños do Vicedo continúan a manifestarse para reclamar a cobertura de médicos
AMariñaXa
Un domingo máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de manifestáronse para reclamar de novo a cobertura das prazas de médicos con carácter fixo
26 Ago 2024
A veciñanza do municipio do Vicedo continuou unha vez máis coas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello para reclamar de novo a cobertura das prazas de médicos con carácter fixo. Un domingo máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de manifestáronse para esixir mudanzas na situación.
Os convocantes programaron unha nova concentración diante do Concello. Esta manifestación súmanse ás outras programadas nas que denuncian que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas. Tampouco lograron atención no pediatra en Viveiro.