Os veciños desfrutan do último Coida Cervo da tempada
									AMariñaXa								
			Consistiu nun divertido e didáctico taller de manualidades con material de refugallo
 					
					
26 Jun 2024
			
				Os usuarios do programa Coida Cervo desfrutaron da última actividade da tempada. Consistiu nun divertido e didáctico taller de manualidades con material de refugallo. Tiraron un pouquiño de imaxinación e déronlle unha nova vida a moitos elementos que forman parte do noso día a día, e que moitas veces acabamos desbotando.