Os veciños de Vieiro, en Viveiro, celebrarán as súas festas na honra a San Cipriano
AMariñaXa
Os veciños de Vieiro, no Concello de Viveiro, celebrarán as súas festas na honra a San Cipriano os días 16, 17 e 18 de setembro
12 sep 2022
Os veciños de Vieiro, no Concello de Viveiro, celebrarán as súas festas na honra a San Cipriano os días 16, 17 e 18 de setembro. nas que contarán con música e comida.
Así, o venres 16 ás 20.30 horas comezará unha gran churrascada, a un prezo de 5 euros a ración, e chegada a noite as formacións Epok e Kalima 3.0 animarán a verbena.
O sábado 17, ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión. A continuación Zeltia amenizará a sesión vermú e chegada a noite tamén a verbena xunto á orquestra Os Satélites da Coruña.
Xa o domingo 18, ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne con posterior procesión. Acto seguido o dúo Epok poñerá a nota musical á sesión vermú.