Os veciños de Vieiro, en Viveiro, celebrarán as súas festas na honra a San Cipriano do 20 ao 22 de setembro
A parroquia de Vieiro, en Viveiro, prepárase para celebrar as súas festas na honra de San Cipriano do venres 20 ao domingo 22 de setembro, cunha programación repleta de actividades gastronómicas, relixiosas e musicais.
O venres 20, a festa arrancará cunha churrascada popular a partir das 20.30 horas, onde os asistentes poderán gozar dunha ración de churrasco por só 5 euros. A continuación, a verbena estará amenizada polo grupo asturiano Loa Adrianos e José M., da Orquestra Abanico.
O sábado 21 celebrarase unha misa solemne ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo de Mar de Arousa. Pola noite, as orquestras La Fórmula e Mar de Arousa serán as encargadas de animar a verbena.
Para pechar os festexos, o domingo 22 ás 13.00 horas terá lugar outra misa, seguida dunha nova sesión vermú co Dúo Belinda.
O Concello de Viveiro colabora na organización destas festas, que cada ano atraen a veciños e visitantes á parroquia de Vieiro para celebrar a San Cipriano en grande.