Os veciños de Vegadeo contarán cun Aquapark no recinto feiral o día 24
AMariñaXa
Os veciños de Vegadeo poderán desfrutar da última gran festa do verán cun Aquapark instalado no pavillón do recinto feiral.

22 Sep 2022
Os veciños de Vegadeo poderán desfrutar da última gran festa do verán cun Aquapark instalado no pavillón do recinto feiral. Esta cita lúdica será o vindeiro sábado 24 de setembro de 16.30 a 20.00 horas.
Dende o Concello informaron que a actividade está destinada para todas as idades e é de entrada gratuíta. Contarán cun mega tobogán, super tobogán, unha lazadeira, un compo infantil e un tobogán mini.
