Os veciños de Santa Cruz, no Valadouro, recuperan as súas festas

AMariñaXa
A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, recupera as festas grazas aos seus veciños.
1 Maio 2024

A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, recupera as festas grazas aos seus veciños. As celebracións terán lugar os días 10, 11 e 12 de maio na que a gastronomía e a música serán os grandes protagonistas.

O programa comeza o venres como mexillonada e torreznada popular dende as 22.30 horas e por un prezo de 10 euros. A verbena estará amenizada por dúo Eclipse e Conxuro Dj.

O sábado haberá misa e procesión dende as 13.00 horas e sesión vermú e verbena da ma de Alma Latina e Conxuto DJ. O domingo de novo haberá misa, procesión e sesión e vermú cun grupo de música tradicional e o dúo Estrellas.

0.10450482368469