Os veciños de Santa Cruz, no Valadouro, recuperan as súas festas con mexilonada popular e moita música
A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, recupera as festas grazas aos seus veciños. As celebracións terán lugar os días 10, 11 e 12 de maio na que a gastronomía e a música serán os grandes protagonistas. O programa comeza o venres como mexillonada e torreznada popular dende as 22.30 horas e por un prezo de 10 euros. A verbena estará amenizada por dúo Eclipse e Conxuro Dj.
O sábado haberá misa e procesión dende as 13.00 horas e sesión vermú e verbena da ma de Alma Latina e Conxuto DJ. O domingo de novo haberá misa, procesión e sesión e vermú cun grupo de música tradicional (promovido pola área de cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo) e o dúo Estrellas. Contarase con cantina, para non pasar sede, a prezos moi populares preto do gran castiñeiro ó pé da escola de Santa Cruz.
Segundo comenta Eduardo Chao, representante da comisión organizadora, convida a veciños e visitantes a que se acheguen a esta parroquia do Valadouro na que preto dun castiñeiro se celebrarán unha serie de eventos como a mexilonada e a torreznada popular. Poderán participar na degustación a un módico prezo de 10 euros a partires das 22.30 horas. do venres, 10 de maio.