Os veciños de San Román do Vicedo logran que instalen fibra na parroquia

AMariñaXa
Desde o pasado mes de marzo, a asociación veciñal San Román do Vicedo levou a cabo a recollida de firmas dos veciños para demandar o proxecto da instalación da fibra
proxecto_fibra_san_román_o_vicedo
2 Ago 2024

Desde o pasado mes de marzo, a asociación veciñal San Román do Vicedo levou a cabo a recollida de firmas dos veciños para demandar o proxecto da instalación da fibra. Tratábase dun proxecta que, aseguran, inicialmente incluía todo o concello do Vicedo, pero excluía o núcleo de San Román do Valle.

Por este motivo, a veciñanza non entendía como unha parroquia cun hotel, dous restaurantes e varios veciños teletraballando dende as súas casas quedaba fóra do proxecto. Finalmente a comercializadora púxose en contacto coa asociación para informarlle a boa noticia de que o proxecto se atopa aprobado.

0.14037990570068